Apocalipse do porco

¿Hai vida fora de Vigo?

Subscribe to RSS feed

Mudanzas Blogger

Zeus, Apolo, ¡Rapaces!: (Como diría Higgins)

Múdome de Opera community ó blogger.

Non ten que ver con que xa non navegue co Opera, é porque xa un par de veces estivo o día enteiro escarallado o blog é alporizoume. Pouco, pero o xusto para me querer cambiar.

Conste que terei que aprender a usar o blogger, non sei se serátan intuitivo como descubrín que é este ópera.

Vémonos en http://apocalipsedoporco.blogspot.com/

Eu xa estou aló agardando.wait

Store Wars

Unha pequena xoia da animación. Feita cun estilo de traballo similar en parte ós iniciais filmes de Star Wars é unha curtametraxe para concienciarnos en favor da agricultura biolóxica. Ten o inconvinte para os que non entendades o inglés de estar nesa lingua, ainda así penso que paga a pena botar unha ollada:eyes: aquí Deixei un album cas fotos das persoaxes por se as queredes mirar.

Toda esta creación está feita por Free Range Graphics

Outra das súas creacións é the meatrix e desta hai unha versión nun idioma similar o castelán. Se despois queredes deixar de comer porco eu non teño a culpa, avisados quedades. yuck

Por último, tende coidado esta noite:insane: , xa sabedes que se vos pasades o ides lamentar á mañá (ou mais probablemente á tarde) Pero por enriba de todo pasádeo ben party e xa sabedes o que dicía Stevie Wonder cool que os cegos e os bébedos non conduzan.

Que teñades un bo ano cheers

Vin, vin, vencín.

Ainda que o ser de Vigo debería deixar dito que vin, mirei e vencín.
A selección galega xogou en San Lázaro:jester:. Estivo bonito. Non é algo que teña importancia real, pero gustoume. Ainda que non o vira mais que un anaco.


Lembro varias veces en Balaidos sendo neno, cantando todos xuntos o himno galego. Supoño que sería nunha festa por algún ascenso. É unha sensación difícil de explicar, moi emocionante.
¿Sería por iso que Otero e Míchel eran os únicos que na TVG se lles veía cantar o himno?
Envexo ós que estaban en San Lázaro, porque cantar un himno con sentimento ó mesmo tempo que outros centos ou miles de persoas é entre outras cousas, moi gratificante.

Déixovos eiquí esta versión do escudo de Castelao que Miguelanxo Prado desinou hai alguns anos, collina da edición en papel de www.vieiros.com que podedes atopar en PDF eiquí

Nin me quero asemellar

Para evitar semellanzas co fulano da Coca-Cola decidín barbearme, que non teño ainda a barba toda branca (non se espallou tanto o vitíligo) pero as canas xa ameazaban con forza así que:
Agora debría ter unha pinta mais ou menos coma esta.

Se isto segue así vou ter que pintarme con chapeu para non ter que debuxar unha calva.

Ainda que o de "papanuel" (eu de pequeno pensaba que se chamaba así) queda moi ben, a verdade é que recorteina de mais e quedara chea de calvas e decidín cortala de todo, así de paso deixaba contenta á miña muller. C´est la vie.

Ben se ve que así estou mais guapo, ¿non si?

Noiteboa en familia

Benqueridos rapaces e rapazas:

nestas datas tan bonitas teñamos un momento para pensar nos que teñen menos ca nós, fagamos unha pausa reflexiva para facer chegar os nosos bos sentimentos ós outros...

Que bonito, non sei se vou chorar ou golsar*.

Non pensedes que o de antes vai en serio, se algún quere ter bos sentimentos, que os teña todo o ano e que non veña agora lavar a conciencia. Os que sexades uns fillos de puta todo o ano, douvos permiso para seguir sendo igual.

Ainda así propoño ós que fuman que co novo ano tenten deixar o fume, non polo novo ano, senon pola nova lei:D Ou ide facendo un peto por se vos multan:devil:

A pesar de que non teña moito sentido tanto regalo e tanta parida, sabede que me lembro moito de todos vos todo o ano, que desexo que teñades o mellor sempre. E xa que ides estar cas vosas familias, dádelle unha aperta miña ós que coñezo (que xa sabedes quen son)

Tende sentidiño cas paparotas e moito coidado se saides á estrada.

Ó final foi un clásico saudo de noiteboa.
Cousas de se chamar Juan, ó final sempre che sae esa vea clasiquiña do saudo polo nadal. Sabede que eiquí, diante do teclado vou cambiando a a ollada cada pouco, a dereita e a esquerda, coma se fora el-rei.

¡Que bonitiño que é o nadal!

Ben sei que Aser discrepará comigo e que lle gustará o nadal, pero claro, o resto non temos vacacións escolares. ¡Quen as pillara!

*O de golsar, recoñezo que non o vira na miña vida, quere decir vomitar. Perdoade que sexa un listillo, tampouco iso podo evitar.

::Malas novas::

Case unha seman mais tarde do previsto chegan as notas do exame.

Moitos de vos xa saberiades que me examinara o mes pasado. Hoxe recibín o resultado.

:clown: cry down sad no

Se cadra, xa sospeitades que non foi coma esperaba.

Non me sorprendeu non aprobar, ainda que tiña esperanzas de ter sorte.

Sen embargo, algo si me sorprendeu. Ollade os resultados:


Parte__valor%___RESULTADO

1._____25%______100,00
2._____15%_______79,17
3._____25%_______86,42
4._____15%________2,08
5._____20%______100,00

RESULTADO TOTAL PROBA 78,80 NON SUPERA MINIMO


A nota de corte quedou establecida en: 78,99 puntos


Era imprescindible sacar un 25% alomenos en cada parte, polo que estou descartado ó sacar un 2,08% na cuarta parte.

Conclusión: se estudiara mais a 4ª parte do exame, ainda que fora unha das que menos puntuaban, é probable que conseguira pasar o corte.

Queda mais dun ano para o próximo exame. ¿Qué pode pasar ata entón?
¿Seguirá Corina sendo alcaldesa? ¿e Paco, seguirá con todo atado e ben atado na Coruña?

A ver que pasa.




Por certo, xa están permitidos os comentarios anónimos, os que non poidan, saiban ou queiran rexistrarse poden deixar comentarios. De todas formas facede o favor de asinalos, para saber quen os deixa.

Aquel Vodka da xuventude.

¡Qué grandes momentos se viven na xuventude!


Cando un é novo todo é bonito...


Ou case todo.


Agora co paso do tempo, imos esquecendo as malas experiencias e quedamos ca parte boa de todo o pasado.


O tempo cos amigos, a liberdade case absoluta, as longas vacacións no verán...


Aquelas viaxes a Cíes,





e no medio de todo o bo, non permite que o esquezas...



O vodka Igor:





Menudo cagallón. Irrepetible, por fortuna.

cea de nadal

Este foi un tráxico fin de semán, cheo de mortes que aldraxarán os vexetarianos (velaí as fotos dos despoxos)
Alomenos na casa de Alberto, que insiste en dar de cear ós amigos. Esta visto que quere que rolemos coma bocois.

En troques, o que non quere é que esteamos espertos na súa casa. Encantalle botar películas raras para que vaiamos botando unha soneca e marchemos mais descansados á nosa casa. A do sábado nin lle lembro o título. Só sei que iba dun ghicho que estaba pirado e que marchei antes de rematar, porque mellor é durmir na propia cama que no sofá dos amigos.

Sumando as nécoras e a película ainda saían as contas ó seu favor, pero claro, inda por riba Almudena deume un cadro que pintara para a nosa casa (na que sale tamén a nosa casa, por certo) e claro, así non hai quen poida. Ainda non lle quitei a embalaxe, para que non se estrague antes de o colgar.


Tamén estiven en BD! non sei se poderei facerlle unha caricatura ó Melo e á Eva, en compensación, direivos que se queredes algún comic pasedes pola rua Cataluña. A verdade é que a xente que lee isto xa deben de ser clientes, pero, por intentalo... wink
Por certo, boísimas as novas adquisicións, ainda non tiven que utilizar a "Garantía BD!"

Ollos vermellos

Non sei porqué, pero ainda que o tentei, por algunha estrana razón non puiden pollerlle ollos normais a Rober. Sempre se lle puñan vermellos. Se algún entende porqué, faga o favor de decirmo.

Estou moi intrigado. Non me pasara ate agora. Con Roi e Irene ó principio tamén me pasaba, pero conseguino logo, só tiven que llos cambiar unha vez. Non entendo isto.

En fin, poñoo tal e coma está:
No aula, coma bo mestre.



Contra Soto vivíamos mellor

Coma é ben sabido, contra "Manoel" Soto vivíase mellor en Vigo. Se cadra era mal alcalde, pero claro, todos éramos mais novos.

No Faro aparecían os vitrasas queimados, pintadas na cidade pedindo ¡PASES PRO BUS XA!, ¡ASCÓN SOLUCIÓN! ¡Qué clima de pacífica convivencia cidadá!

En homenaxe a aquela época, e cómo non, a ese home tan pouco recomendable collo prestada a frase de Julián Hernandez e ademais poño aquí unha mascota que se chama igual que o "Manoel" (xa sabedes o de "Por un Vigo Millor" e mais o do cartel sinalizador de "A Cruña") ¡Que bos tempos!

Pulsade o enlace co rato e despois facede que soto vaia detras do punteiro.

[img]http://petimage.bunnyherolabs.com/adopt/petimage/bWM9dGlnZXIuc3dmJmNscj0weGZiY2YxYSZjbj1zb3RvJmFuPWp1YW5pbGxv.png

Receita

O amigo Rafael lembrame unha receita infalible para unha tarde de diversión a esgalla:

1.-Unha chea de cervexas (mellor se son estrella galicia e preferiblemente moi frías, ainda que a práctica demostrouse que non é imprescindible)
2-Tres amigos (ou mais) cheos das cervexas anteriores
3.-Unha pelota diminuta
4.-Pouca vergoña
5.-Pasar o balón dun a outro ca man esquerda.

Para entender o punto 5 e comprender como pode ser divertido ollar de novo os puntos 1 e 2.

Bonitas fotos do evento:


A foto que acompaña sempre o blog á dereita é desa mesma tarde.

A petición popular

A xente require novas adiviñas. En calquera caso, non todo o monte é ourego. Non creades que todas van ser tan doadas coma as anteriores. Así non ten moita gracia.

Revisando no meu disco duro atopo esta fotografía. Se non a retocara un pouquiño sería moi breve o conto, así que agochei a persoalidade dun dos membros deste grupo.

Pistas:

1.- É un grupo de Vigo.
2.- Batería, baixo e guitarra-voz.
3.- Nome collido dunha persoaxe dun filme de ciencia ficción.
4.- O baixista estaba noutro grupo mais coñecido todavía.



Non é tan complicado, e xa vos digo que espero que Roi o acerte axiña. Non me falles, macho (isto último ca voz de Tucho dos Tonechos)
Paseime, dinvos pistas de mais.

O único e inimitable

Con todos vostedes

Chegado directamente dende a guerra do Iraq

tras andar perdido buscando ó Ben Laden

Recibindo feridas na cara e tamén no seu alma

Rachando os corazóns de centos de mulleres islámicas ca súa marcha

Tras aconsellar a Zapatero a retirada das tropas

(cousa que nunca lle permeteu o soberbio de Ansar)

sen mais presentación...





Rafael Henrique








Vostedes o recoñecerán como a grande estrela dos filmes "A proposito de Henrique" ou "el sindrome cordero".







Unha nova adiviña.

¿Quen é ese home?sing Veña, para vos non é difícil.
As respostas coma comentarios, se facedes favor.
¡A súa postura é inconfundible! E xa vo-lo digo: non son eu.

Colaboracións

É ben triste que faga o blog para non ter que mandar correos, e ó fin chéganme respostas via correo a un correo no que mandei a ligazón para chegar á páxina. Ben sei que é só ó comezo (alomenos iso espero).
Aledame moitísimo que vos gustara (ou aledame moito que sexades uns falsos e digades que vos gusta irked ) Dani (xusto o que está debaixo) pregunta como pode escribir aquí. Boa pregunta.
¿Tanto conseguín enganarvos que pensades que sei usar isto? Supoño que terei que dar acceso ou algo. Inda non o sei. Pero non está todo dito, admitense axudas técnicas. En calquera caso podedes facer comentarios, que ainda non vin ningún:furious:

Xa teño o debuxo do Rafa, pero penso que non está moi ben, e quero que se pareza mais. Pedirei axuda e xa o veredes. A paciencia é unha virtude.

Marcho a traballar.sad